{"id":1821,"date":"2020-04-22T16:18:16","date_gmt":"2020-04-22T15:18:16","guid":{"rendered":"http:\/\/www.mapamundimusica.com\/?page_id=1821"},"modified":"2021-12-20T10:32:56","modified_gmt":"2021-12-20T09:32:56","slug":"jako-el-muzikante-gal","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/www.mapamundimusica.com\/en\/jako-el-muzikante-gal\/","title":{"rendered":"Jako el Muzikante &#8211; GAL"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<h5 style=\"text-align: right;\"><strong><a href=\"http:\/\/www.mapamundimusica.com\/jako\/\">Versi\u00f3n en castellano<\/a> &#8211; <a href=\"http:\/\/www.mapamundimusica.com\/en\/jako\/\">English version <\/a>&#8211;<\/strong>\u00a0 <a href=\"http:\/\/www.mapamundimusica.com\/jako-el-muzikante-putonghua\/\">\u666e\u901a\u8bdd\u4f20\u8bb0<\/a><\/h5>\n<h1 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #ff6600;\"><strong>Jako el Muzikante, o p\u00edcaro buscavidas do <em>caf\u00e9 aman<\/em><\/strong><\/span><\/h1>\n<h1 style=\"text-align: center;\">\u201cVen al Luna Park\u201d, primeiro traballo discogr\u00e1fico de Jako el Muzikante, alter ego do artista galego Xurxo Fernandes, <a href=\"https:\/\/open.spotify.com\/artist\/6RwNEnLQyPsUWvK9gfR1SZ\">xa dispo\u00f1ible en Spotify<\/a><\/h1>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\" wp-image-1818 alignright\" src=\"http:\/\/www.mapamundimusica.com\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/Covers.png\" alt=\"\" width=\"302\" height=\"487\" srcset=\"https:\/\/www.mapamundimusica.com\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/Covers.png 414w, https:\/\/www.mapamundimusica.com\/wp-content\/uploads\/2020\/04\/Covers-186x300.png 186w\" sizes=\"auto, (max-width: 302px) 100vw, 302px\" \/><\/p>\n<p>Estamos en tempos convulsos e, \u00e1s veces, en tempos convulsos xorde entre as cinzas unha nova linguaxe est\u00e9tica. Logo da II Guerra Mundial, en Xap\u00f3n, o but\u014d traduce en danza a reflexi\u00f3n tras o desastre nuclear. A Guerra de Independencia, o regreso ao absolutismo e a complicada loita de Espa\u00f1a por abandonar o Antigo R\u00e9xime inspiran a Goya para crear as s\u00faas Pinturas Negras. Nos baixos fondos de cidades portuarias gregas, tras o traum\u00e1tico desmembramento do Imperio Otomano, aparece o reb\u00e9tiko, declarado en 2017 Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola Unesco.<\/p>\n<p>Precisamente nese ambiente nace o personaxe de Jako el Muzikante: nos <em>caf\u00e9 aman<\/em>, al\u00ed onde los descastados se daban encontro. Caf\u00e9s onde o caf\u00e9 estaba prohibido pero onde o haxix era coti\u00e1n. Caf\u00e9s onde se citaban os exiliados gregos nacidos na Anatolia occidental (Turqu\u00eda deportar\u00eda desp\u00f3is m\u00e1is dun mill\u00f3n de persoas) ou os turcos nacidos en Grecia (medio mill\u00f3n mais tarde ser\u00edan forzados ao exilio), alg\u00fans deles xudeus de orixe sefard\u00ed, que ti\u00f1an o ladino ou djudeo-espanyol como lingua materna, con armenios (que sufrir\u00edan un terrible xenocidio en 1915), con eslavos\u2026 Neses caf\u00e9s de hai un s\u00e9culo se fraguaba unha incipiente globalizaci\u00f3n, en canto perviv\u00edan as ra\u00edces das s\u00faas respectivas identidades, na mesma hora, permeables.<\/p>\n<p>Jako el Muzikante, o dandy sefard\u00ed, o p\u00edcaro buscavidas do caf\u00e9 am\u00e1n, malvive cantando en bodas e en fiestas de bar mitzvah, \u00e1 vez que furta o que pode aos seus entretidos e b\u00e9bedos clientes no caf\u00e9. Co paso do tempo esas melod\u00edas caen no esquecemento pola complicada situaci\u00f3n que os seus int\u00e9rpretes atravesan. Pero non todas se perder\u00edan: algunhas daquelas pezas foron recuperadas da memoria dos descendentes daqueles sefard\u00eds. Suficientes para gravar un disco dunha calidade est\u00e9tica excepcional, traendo \u00e1 vida, un s\u00e9culo despois, aquelas canci\u00f3ns, que conectan tan ben coa nosa realidade e os nosos anhelos de hoxe en d\u00eda.<\/p>\n<p>Xurxo Fernandes, o artista creador do proxecto e que encarna a Jako, entra en contacto a comezos do milenio co mundo sefard\u00ed nun encontro casual nun aeroporto cun grupo de b\u00falgaros que, curiosamente, falaban unha sorte de espa\u00f1ol. O impacto en Xurxo da historia vital destas persoas, cuxos ancestros mantiveron o idioma no exilio desde a expulsi\u00f3n dos xudeus de Espa\u00f1a a finais do s\u00e9culo XV, far\u00e1 que investigue viaxando a Israel e Turqu\u00eda, para buscar o que queda desa cultura e de, precisamente, os seus \u00faltimos momentos de esplendor art\u00edstico durante o Imperio Otomano: o repertorio de principios do s\u00e9culo XX. Xurxo aplicar\u00eda o mesmo esp\u00edrito inquisitivo que xa puxera na m\u00fasica tradicional galega (desde os 14 a\u00f1os dedicouse a percorrer as aldeas de Galicia para encontrar quen lle ensinase a cantar) a esta nova paix\u00f3n. De tal xeito que, na actualidade, \u00e9 o \u00fanico artista novo capaz de falar e escribir ladino con fluidez (unha peza do disco, do repertorio de Rosa Askenazi, foi traducida polo propio Xurxo do grego ao ladino), con esa mistura de castel\u00e1n medieval, palabras turcas e galego-portuguesas e influencias francesas, t\u00edpica do idioma na vertente do Mediterr\u00e1neo oriental.<\/p>\n<p>Ven al Luna Park \u00e9 o primeiro traballo discogr\u00e1fico do proxecto. Tr\u00e1tase dun libro con disco, con abundante documentaci\u00f3n e referencias sobre os temas, producido polo propio Xurxo Fernandes, escrito en ladino, ingl\u00e9s e rash\u00ed (ladino escrito en alfabeto hebreo), que sup\u00f3n o primeiro proxecto de recuperaci\u00f3n da m\u00fasica urbana dos xudeus de orixe peninsular. A m\u00fasica est\u00e1 xa dispo\u00f1ible en Spotify. O t\u00edtulo do traballo, que \u00e9 tam\u00e9n o da peza hom\u00f3nima, fai referencia \u00e1 expresi\u00f3n \u201cLuna Park\u201d, que significa un lugar pracer e diversi\u00f3n, en idiomas tan diversos como o polon\u00e9s, o holand\u00e9s ou o turco (o Luna Park orixinal fundouse en Coney Island, en 1903). Gravouse na Coru\u00f1a, en Nakra Studios, con Wafir Shaikheldin (Sud\u00e1n) no ud, a violinista Andrea Samek (Hungr\u00eda), o percusionista catal\u00e1n Alexandre Guitart, o memorable contrabaixista de jazz madrile\u00f1o recentemente falecido Jos\u00e9 Luis Yag\u00fce, Georgi Yanev &#8220;Yoro\u201d (Bulgaria) ao clarinete e as colaboraci\u00f3ns de Ant\u00eda V\u00e1zquez Pant\u00edn, Eduardo Bola\u00f1os, Guillermo Reiriz e Paco Ulloa.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><iframe loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/8jf5hGEDXLY\" width=\"680\" height=\"420\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><\/p>\n<h5 style=\"text-align: center;\"><em>\u201cA band that fired up the audience in moments of pure happyness.&#8221;<\/em> El Watan<\/h5>\n<h5 style=\"text-align: center;\"><em>&#8220;<\/em><em>A mind-blowing show\u2026 A glorious, terrific very entertaining concert&#8221;<\/em> Fernando \u00cd\u00f1iguez, Radio 3-RNE<\/h5>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Versi\u00f3n en castellano &#8211; English version &#8211;\u00a0 \u666e\u901a\u8bdd\u4f20\u8bb0 Jako el Muzikante, o p\u00edcaro buscavidas do caf\u00e9 aman \u201cVen al Luna Park\u201d, primeiro traballo discogr\u00e1fico de Jako el Muzikante, alter ego do artista galego Xurxo Fernandes, xa dispo\u00f1ible en Spotify Estamos en tempos convulsos e, \u00e1s veces, en tempos convulsos xorde entre as cinzas unha nova [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-1821","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.mapamundimusica.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1821","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.mapamundimusica.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.mapamundimusica.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.mapamundimusica.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.mapamundimusica.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1821"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/www.mapamundimusica.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1821\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2178,"href":"https:\/\/www.mapamundimusica.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1821\/revisions\/2178"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.mapamundimusica.com\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1821"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}